TANXEDORAS é un proxecto que agroma en setembro de 2003 coas primeiras choivas que fan medrar a herba nos campos, que enchen os regueiros e calman as sedes do verán. Somos cinco mulleres que tanxemos diversos instrumentos tradicionais galegos como pandeiro, pandeireta, gaita, acordeón, cunchas, ferriños, culleres, legóns, tixolas, morteiros, etc.
Somos: Leni Pérez, Margó Gaioso, Teresa Santamaría, Ioli Pérez e María Silva.
Con anterioridade, formamos parte doutras agrupacións folclóricas, máis os camiños da vida nos xuntaron para traballar arredor dunha idea común: a recuperación do legado musical de Galicia.